jueves, 18 de noviembre de 2021

Portas abertas na Ciadella

O prato forte de calquera plan de divulgación, o contacto directo coa xente,  resulta especialmente emocionante si se fai con escolares, todo ollos e ouvidos, e resulta emotivo, en verdsade moi emotivo, si nel participan rapazas dos centros escolares das Agras, como estas do CEIP de Ponte Carreira, no concello gandeiro de Frades, poucos quilómetros Tambre abaixo da mesma Ciadella. 



Un grupo formado por 34 rapazas e rapaces da ESO (5 de 1º, 14 de 2º, 10 de 3º e 5 de 4º), ademáis de 5 profesoras, que gozaron dunha xornada única. Visitaron o campamento romano  e compartiron o traballo das arqueólogas en vivo e en directo. Foi un grupo moi activo e respectuoso, escoitaron e tamén preguntaron moito, e moitas das dudas non ían nada mal encamiñadas. Eran interesantes e atrevidas. Tamén se arriscaron a imaxinar, e aí dérono todo. 

As visitas escolares nunca defraudan, ao contrario, anímannos a seguir. Nós escavamos, investigamos , restauramos e, sobre todo, recuperamos unha memoria perdida, a que ninguén lembra. Pero son elas, as que veñen a coñecer Ciadella, á vella dama da gándara, as que dan sentido ao noso traballo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

A derradeira da vindeira

Logo dunha campaña arqueolóxica das doutro tempo, daquelas que duraban meses e nas que se xunguían lazos inesquecibles, a actuación desenvol...