viernes, 26 de noviembre de 2021

Camiño a algures

 Sempre hai unha segunda vez, por iso nos depósitos arqueolóxicos con secuencias longas de ocupación acostomamos a atopar esa superposición de niveis, estruturas e mesmo pavimentos. estes días, na grande Ciadella, asistimos a un deses sucesos emotivos: o descubrimento dun camiño que se superpón á Vía Principalis do campamento romano. 


O camiño tradicional, xa escavado, superposto á Vía Principalis


Pola súa situación estratigráfica (moi superficial), pola morfoloxía e as súas medidas (a penas dous metros, menos da metade do que se presupón para a vía campamental), parece claro que se trata dun camiño tradicional, un deses carreiros sumariamente empedrados, que percorrían a contorna das aldeas e daban acceso e servizo ás agras.



Escavación manual no sector da Vía Principalis


O realmente interesante é que segue o mesmo trazado que a Vía, entrando e saíndo pola zona das dúas portas. A consecuencia resulta evidente: ata datas relativamente recentes (seguramente ata finais da época moderna) o forte romano mantivo á vista gran parte da súa morfoloxía orixinal,  como pedras ainda vivas, condicionando e dominando as perpectivas e a vida da comunidade campesiña de Ciadella. Fascinante.



Estruturas da fase campamental tardía empezan a aflorar baixo a corredoira das agras

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A derradeira da vindeira

Logo dunha campaña arqueolóxica das doutro tempo, daquelas que duraban meses e nas que se xunguían lazos inesquecibles, a actuación desenvol...