lunes, 21 de febrero de 2022

O efecto Ciadellla

Existen datas e acontecementos que actúan como aldabas, que dan paso a un escenario novo. Dende logo, a acontecido na Ciadella este mesmo sábado pode considerarse un deses sucesos catárquicos. Durante moitos anos, o forte romano nutríse de todos os preconceitos que acompañan á percepción que moita xente ten da arqueoloxía: que "si aí non vai ninguén", que "as pedras non dan cartos", que "traballar no campamento é tirar o diñeiro", que "os poucos que van son frikis que non paran no pobo", ... e así moitos máis. Comentarios falsos que só desilusionaban e obstaculizaban a súa posta en valor. Pero este sábado 19 de febreiro, todo fixo boom!

A visita guiada á escavación, organizada por Terra Arqueos coa colaboración do Concello de Sobrado, superou todas as espectativas en canto a convocatoria e xestión, e supuxo un éxito sen precedentes: 153 asistentes (prazas esgotadas e moitos máis que quedaron en reserva); tres viaxes de ida e volta do bus lanzadeira, posto polo concello, entre a praza de Sobrado e o xacemento; cómoda e amplia área de aparcamento no campo de fútbol de Ciadella, cedido e acondicionado pola Asociación de Veciños; catro arqueólogos ao pé do cañón xestionando o aluvión: unha para xestionar a recepción das visitas e tres para guiar os percorridos; tres grupos simultáneos con itinerarios previamente acordados para non mesturarse, etc.


O director da actuación, Luis Francisco López, de Terra Arqueos, cun dos grupos de visita


Hai que subliñar, asemade, a gran cantidade de grupos familiares que acudiron (incluso coas súas mascotas), así como a variada procedencia de todos: dende as sete cidades galegas (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol), ata moitas vilas (Sada, Oleiros, Melide, Guitiriz, Ordes, Carballo, Laxe, etc.), pasando polo público de proximidade (Curtis, Teixeiro, Vilasantar, Boimorto e, por suposto, Sobrado).

Todos os éxitos teñen unhas claves. As desta xornada, con respecto á asistencia masiva deben buscarse nun plan de divulgación activo dende o mes de outubro, con presencia continuada nas redes sociais, na acertada difusión da convocatoria e no atractivo do propio xacemento arqueolóxico. Polo que se refire á xestión da visita, un reto vista a cantidade de visitantes, radica, sen dúbida, na colaboración establecida co Concello de Sobrado e coa Asociación de Veciños, así como unha programación feita dende había días que permitíu organizar o evento sen que houbese improvisación ningunha.

Pero non todo queda aí, no campamento romano. O sábado dezanove vivíuse en Sobrado un auténtico día de feira, coa bares e restaurantes ateigados de xente da mañá á tarde, unha proba máis de que o patrimonio arqueolóxico é un factor clave na dinamización dos pequenos pobos e vilas do interior. O efecto Ciadella.


A soberbia Vía principalis na xornada de portas abertas


Outro grupo de visitantes no interior do campamento



Turismos particulares estacionados no aparcadoiro acondicionado no campo de fútbol





lunes, 14 de febrero de 2022

Para os sentidos

Ven a verme, escóitame, fala conmigo e  acaríñame o lombo cos teus pasos, porque levo aquí case dous mil anos. Coñéceme, son o forte da gándara.




martes, 8 de febrero de 2022

Ciadella despois da Cohorte

Un lugar nunca se abandona de todo, e nós mesmos podémolo sentir cada día, vivindo en vilas, aldeas ou cidades que funden as súas raiceiras na Idade Media, na época romana ou mesmo en tempos prehistóricos. Por eso non pode sorprendre que a Ciadella tivese vida logo da marcha da garnición militar que a ocupaba. 

Se deixamos ao lado o asentamento militar, esta tamén tivo que ser unha época fascinante, un tempo rodeado de enigmas e profundos cambios do que no xacemento quedan numerosos restos arqueolóxicos. Cando a Cohorte se foi, deixou ás súas costas unha paisaxe construída que non se podía perder e que foi reocupada e reutilizada de xeito incesante, pero tamén selectivo.

Dese escenario post-cohorte, os restos máis senlleiros pertencen a unha primitiva igrexa cristián. Como non podía ser menos, inzada no medio e medio do recinto fortificado. Unha mensaxe clara dun novo poder que chegou para quedarse.



A primitiva igrexa ocupando parte do espazo do Principia campamental


O templo debeuse erguer non primeiros tempos desa nova etapa e seguíu en pé, posiblemente, ata o século XI, cando parece que se inicia a construción dun novo, xa ex-castris: a actual parroquial de Santa María de Ciadella, un pequeno templo románico, fermoso e dotado dun encanto moi especial. Os restos que perviven daquela pequena igrexa remiten ao característico estilo prerrománico: planta de salón e ábsida cuadrangular, un tipo ben coñecido no país. 

Esa construción, cos seus potentes muros e a súa orientación canónica, coa cabeceira ollando o Leste, o lugar de nacemento do sol, non estaba soa. Ao seu arredor organizaba un espazo abarrotado de novas construcións e edificios reutilizados, polo que existe a posibilidade certa de que fose o núcleo litúrxico e simbólico dunha comunidade monástica que elixíu o vello campamento como lugar para vivir... e morrer, tal e como demostran as tumbas exhumadas.

Pero todo ten un final. A Ciadella víu pasar a soldados, funcionarios imperiais, xermanos e monxes cristiáns, para rematar convertida nunha solitaria agra de cultivo. E xa só quedan elas, as pedras vivas, a memoria do forte.





Escavación do muro Oeste de peche do conxunto cristián.


A derradeira da vindeira

Logo dunha campaña arqueolóxica das doutro tempo, daquelas que duraban meses e nas que se xunguían lazos inesquecibles, a actuación desenvol...