miércoles, 5 de enero de 2022

Aedes

Como xa indicamos noutro momento, o Principia, un dos obxectivos primordiais desta escavación, era o centro simbólico, administrativo e tamén relixioso do forte romano da Ciadella. Este último está testemuñado polo Aedius, un pequeno edificio sagrado situado ao Norte do gran conxunto de dependencias do Principia. Está lixeiramente illado en planta, pero todo parece indicar que toda a escenografía do centro administrativo conducía a el, xa que podía contemplarse  desde a súa entrada e mesmo transitando pola rúa principal.


Planta do Principia (no centro da imaxe), e localización do Aedes, sinalado con frecha vermella


Todos os Principia, e, por extensión, todos os Aedes seguían unha pauta común, pero había moitas variacións a nivel de detalle. En todo caso, o de Ciadella parece respostar á máis fiel ortodoxia arquitectónica. Ten planta rectangular e está rodeado exteriormente por un corredor a xeito de deambulatorio.  A súa fachada principal abríase a un patio parcialmente lousado. Neste espazo aberto, a carón do edículo, posiblemente se realizasen as ceremonias de tipo relixioso, as proclamas á tropa e os actos xurídicos.



Pavimento localizado no fronte do Aedes.


Para unha sociedade desacralizada como a nosa resulta moi difícil entender a importancia e magnitude do Aedes na vida cotiá do forte, pero era inmensa. Este espazo estaba presidido pola imaxe do emperador (o "culto oficial" do exército romano). Tamén custodiaba o estandarte e ensenas da guarnición, así como os honores conseguidos e os trofeos capturados aos inimigos. Un pequeno edificio para unha función simbólica colosal. O pegamento que unía á Cohorte.


Escavando o corredor exterior do Aedes



Vista do Principia desde o esquinal Noroeste. O Aedes etá sinalado coa frecha vermella



No hay comentarios:

Publicar un comentario

A derradeira da vindeira

Logo dunha campaña arqueolóxica das doutro tempo, daquelas que duraban meses e nas que se xunguían lazos inesquecibles, a actuación desenvol...